Inicio Galicia Os afectados pola explosión de Tui poden solicitar desde hoxe mesmo as...

Os afectados pola explosión de Tui poden solicitar desde hoxe mesmo as axudas para o realoxo e os danos causados ás vivendas, ás que a Xunta destina máis de 7,5 millóns de euros

0

As axudas para o realoxo en alugueiro das familias que tiveron que abandonar as súas vivendas ascenderán a preto de medio millón de euros

Os afectados pola explosión de material pirotécnico rexistrada o pasado 23 de maio en Paramos (Tui) poden solicitar desde hoxe mesmo as axudas destinadas a custe de realoxo e de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico, tal como establece a Orde da Consellería de Infraestruturas e Vivenda que vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia.

A Xunta destinará máis de 7,5 millóns de euros a estas axudas, das que máis de 7 millóns se destinarán á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico e preto de 500.000 euros ao aloxamento provisional das persoas que tiveran que abandonar as súas vivendas.

Segundo se detalla na orde publicada hoxe no DOG, a Xunta establece dous tipos de axudas, para aloxamento provisional e para gastos en vivendas danadas e no seu enxoval doméstico.

Aloxamento provisionalA Xunta de Galicia custeará os gastos de alugamento dunha vivenda para o aloxamento provisional das persoas que teñan que abandonar temporalmente as súas vivendas habituais, por un período de ata dous anos.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

O importe da axuda será de ata 450 euros ao mes e ademais concederase unha axuda complementaria para o suposto da formalización dun contrato de alugamento, para efectos de atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións. Esta axuda terá un importe único de 600 euros.

Reparación de vivendas danadas e o seu enxoval domésticoEstablécense axudas destinadas a sufragar os gastos de reposición e reparación dos danosnas vivendas e nas súas instalacións complementarias e tamén axudas para os danos noenxoval doméstico.

BeneficiariosDesta axudas poderán beneficiarse as persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias das vivendas danadas pola citada explosión. As mesma permitirán facer fronte aos danos causados na vivenda que constitúa a residencia habitual e permanente dos seus moradores, así como os causados nas restantes vivendas, que deberán dedicarse, cando menos, a residencia ocasional. Quedan excluídas destas axudas as edificacións ruinosas ou que se atopasen en manifesto abandono antes da explosión.

As axudas tamén comprenden os danos causados nas construcións anexas e instalacións complementarias da vivenda danada, entendendo como tales as construcións e equipamentos de apoio á economía e vida familiar (pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para autoconsumo, instalacións eléctricas e de iluminación, instalacións de telecomunicacións, etc.), sempre e cando estean localizados no mesmo predio da vivenda.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Tamén se inclúen os danos sufridos no enxoval doméstico de primeira necesidade, cando non estivesen incluídos nas axudas que para o mesmo efecto puidesen aprobar outras administracións ou calquera outro sistema de cobertura de danos e sempre que os danos da vivenda sexan obxecto de subvención.

Importe das axudas

VIVENDA RESIDENCIA PERMANENTE E HABITUAL DOS SEUS MORADORES

IMPORTE MÁXIMO DA SUBVENCIÓN (Danos vivenda habitual)

Ruína ou rehabilitación de danos na vivenda

109.152 €

Danos no enxoval doméstico

Vivendas ruinosas


- Te recomendamos -