Inicio Galicia Oriol de la Fuente Rial, Mara López Rivera e Joel Covelo Gallego...

Oriol de la Fuente Rial, Mara López Rivera e Joel Covelo Gallego gañan o concurso 'Selfie LIX de Galicia'

0

O director de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu ao acto de entrega deste certame convocado no marco do Día Internacional do Libro Infantil

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe, no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, no acto de entrega de premios do concurso Selfie LIX de Galicia, convocado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, o Consejo General del Libro , o Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil e o Galtzagorri Elkartea, para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil.

Os nenos participaron a través do seu centro docente ou biblioteca e a premisa era facer unha fotografía selfie na que se recreara un personaxe ou unha escena dun libro de literatura infantil ou xuvenil.

O galardón de primeiros lectores (de 1º a 3º de Primaria) recaeu en Oriol de la Fuente Rial, que participou a través da Biblioteca Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo (Santiago), así como noutros escolares de Logroño, Barcelona e Gipuzkoa. Na banda dos lectores avanzados (de 4º a 6º de Primaria), Mara López Rivera, do CEIP Virxe do Carme de Sober (Lugo), fíxose co premio xunto con outro escolar de Marrocos e de Tarragona. O gañador na categoría de Súper Lectores foi Joel Covelo Gallego, do IES Carlos Casares de Vigo. Nesta categoría tamén foron recoñecidos os traballos dunha alumna de Tarragona e dun grupo de estudantes de Gipuzkoa.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre