Inicio Galicia Once empresas da comarca de Santiago beneficiaranse das axudas de transformación de...

Once empresas da comarca de Santiago beneficiaranse das axudas de transformación de produtos agroalimentarios que mobilizarán 89 millóns de euros no rural

0

O sector lácteo é o máis beneficiado na comarca de Santiago de Compostela ao facerse con catro das once axudas concedidas


O delegado territorial da Xunta da Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá as instalacións de Galicampo S.

L.

U (Galician Original Drinks) do ámbito da transformación e comercialización de produtos agrarios dedicada á elaboración de augardentes, vermús, licores e outras bebidas espirituosas.

Esta empresa contou cunha axuda en 2017 de 106.000 euros da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

As axudas consisten en subvencións a fondo perdido para realizar actuacións en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas na comunidade destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios. Neste senso, Ovidio Rodeiro destacou “o importante deste tipo de axudas é que van encamiñadas a facer que as nosas empresas do rural amplíen a súa capacidade produtiva e sexan moito máis competitivas”. O delegado territorial puntualizou que “estas axudas son unha gran oportunidade para que as nosas empresas poidan seguir medrando e mellorando as súas instalacións, unha peza clave para garantir o seu futuro”.

Leer más:  Un incendio originado en la chimenea de una casa en Vilalba (Lugo) termina sin causar heridas a las personas presentes

O delegado territorial informou que xa se pechou a convocatoria deste ano 2018 na que 97 empresas de toda Galicia recibirán axudas por valor de 30,3 millóns de euros, que suporán un investimento de 89,3 millóns de euros en Galicia. Na provincia de A Coruña no ano 2018 recibirán axuda 33 proxectos que suporán unha inversión 26,2 millóns dos que 9,2 serán de axudas.

Na comarca de Santiago de Compostela serán 11 as empresas beneficiadas por estas axudas nos concellos de Arzúa, Frades, Melide, Touro, O Pino, Rois, Ames e Padrón que recibirán 2,4 millóns para facer fronte a inversións que superan os 6,5 millóns en total.

Por sectores, na comarca de Santiago o máis importante é o sector lácteo con 4 proxectos cun investimento de 4,2 millóns de euros e unha axuda de 1,7 millóns. Séguenlle as iniciativas relacionadas coa alimentación animal. Hai 3 proxectos que recibirán unha achega de 160.942 cun investimento global de 459.000 euros.

Os outros tres proxectos se centran no ámbito cárnico, no sector da alimentación na fabricación de produtos de pastelaría e de licores e augardente.

Leer más:  La Xunta destinará más de 7,5 millones de euros en O Porriño para la eliminación del lindano, considerado "altamente contaminante"

- Te recomendamos -