Inicio Galicia O XXIV Premio San Clemente Rosalía-Abanca ten como finalistas a Portabales, Fernández...

O XXIV Premio San Clemente Rosalía-Abanca ten como finalistas a Portabales, Fernández Naval e Calveiro

0

Valentín García participou hoxe na rolda de prensa na que se deron a coñecer as nove novelas finalistas en lingua galega, castelá e estranxeira


Arantxa Portabales, Francisco X. Fernández Naval e Marcos Calveiro son os finalistas galegos da XXIV edición do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, polas obras Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Alba e o mar e O cemiterio dos ingleses, respectivamente, as tres editadas por Galaxia. Canda eles, completan a nómina de finalistas, en lingua castelá e estranxeira, os autores Pedro Mairal (La uruguaya, Libros del Asteroide), David Trueba (Tierra de campos, Anagrama), Antonio Orejudo (Los cinco y yo, Tusquets), Robert Seetheler (Toda unha vida), Han Kan (A vexetariana) e Mircea C?rt?rescu (Solenoide).

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na rolda de prensa na que se fixo público o ditame do xurado e destacou na súa intervención “o prestixio acadado polo certame ao longo destes vintecatro anos de traxectoria e a súa contribución a proxección da literatura escrita en galego e a dinamización da lectura entre o alumnado participante”.

Leer más:  Santiago establece "zona urbana" para solicitar la intervención del Gobierno y expandir la utilización residencial de Peleteiro

Unha iniciativa da comunidade educativaOs Premios Arcebispo Juan de San Clemente naceron dunha iniciativa do director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, e de dous profesores de matemáticas, Francisco López Piñeiro e Maribel Marín; con tres modalidades –Lingua Galega, Castelá e Estranxeira- e cun xurado conformado por alumnos do propio IES e de outros cinco institutos galegos escollidos cada edición por sorteo.

Ademais do que o certame supón no referido ao estímulo do hábito lector entre os estudantes, o éxito do premio ofrécelle ao alumnado que conforma o xurado a oportunidade de compartir unha xornada cos autores galardoados que, ano tras ano, acoden a Santiago de Compostela a recoller este recoñecemento. O galardón, que chegará o ano que vén aos 25 anos de traxectoria, leva colleitado un importante éxito de acollida entre os autores galardoados, algúns deles premios Nobel, como Mario Vargas Llosa ou José Saramago.

Máis información en este enlace.


- Te recomendamos -