Inicio Galicia O XVIII Encontro Galego de Relacións Laborais aborda en Baiona a influencia...

O XVIII Encontro Galego de Relacións Laborais aborda en Baiona a influencia das novas tecnoloxías no mercado de traballo

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, foi a encargada de abrir as xornadas, que se celebran hoxe e mañá na localidade pontevedresa

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, foi hoxe a encargada de abrir o XVIII Encontro galego de relacións laborais, que se celebra hoxe e mañá na localidade pontevedresa de Baiona.

As xornadas, que se centran na influencia das novas tecnoloxías no mercado laboral, permitirán afondar en como os avances tecnolóxicos, a dixitalización, a robotización, as tecnoloxías da información e da comunicación, entre outras realidades da Industria 4.0, están a modificar os procesos, as formas de traballo, e as posibilidades de conciliación da vida laboral e persoal.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre