Inicio Galicia O xerente do Sergas recibíu hoxe aos representantes do comité de empresa...

O xerente do Sergas recibíu hoxe aos representantes do comité de empresa de Povisa

0

Trasladoulles aos traballadores que a administración sanitaria está a cumprir puntualmente coas obrigas comprometidas no concerto


O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, recibiu hoxe en Santiago aos representantes do comité de empresa de Povisa para informarlles sobre a execución do concerto co devandito centro hospitalario que, segundo lles trasladou, “estase a cumprir escrupulosamente” por parte da administración sanitaria.

Neste senso, Fernández-Campa destacou tamén aos traballadores de que no transcurso das negociacións con Povisa o Sergas esixiu expresamente desde o primeiro momento garantías para cumprir coas obrigas que se recollen no concerto, así como o mantemento da calidade e seguridade asistencial e o pago puntual das nóminas aos traballadores.

Por outra banda, o xerente confirmou ao comité de empresa que seguirán a manterse as xuntanzas que sexan necesarias cos representantes do centro hospitalario na procura de fórmulas que permitan avanzar no cumprimento por ambas partes dos acordos asinados no 2014.

O Sergas da resposta así á solicitude que lle trasladou o comité de empresa o pasado venres, cando solicitaron unha reunión coa administración para darlle a coñecer o seu punto de vista sobre a situación de Povisa e tamén información de primeira man sobre o cumprimento do concerto.

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

- Te recomendamos -