Inicio Galicia O volume de negocio dos mediadores de seguros inscritos no rexistro da...

O volume de negocio dos mediadores de seguros inscritos no rexistro da Xunta medrou case un 18% desde 2014

0

A carteira de negocio dos mediadores achegouse a 80 millóns de euros en 2017

O volume de negocio do mediadores de seguros inscritos no rexistro autonómico da Xunta de Galicia medrou o pasado ano case un 18% con respecto a 2014, ata acadar os 79,7 millóns de euros, segundo se desprende do informe sobre os Principais Indicadores da mediación de seguros en Galicia no ano 2017.

Este estudo elaborado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos sinala que o ramo de ´non vida´ segue acaparando o negocio dos mediadores de seguros e chega a case ao 79%, destacando o ramo de vehículos, seguido dos seguros multirriscos. O ramo de ´vida´ acada algo máis do 21%, e son na súa maioría seguros individuais.

Ademais, o informe tamén indica que o número total de mediadores inscritos no rexistro autonómico situouse no ano 2017 nun total de 133, dos que 104 son corredores e 29, axentes de seguros vinculados. Atendendo á distribución por provincias, 78 exercen actividade en A Coruña, 30 en Pontevedra, 15 en Lugo e 10 en Ourense.

Máis persoalEn canto ao persoal ocupado no sector da mediación, 465 persoas participaron directa ou indirectamente nesta actividade o ano pasado a través dos mediadores inscritos no rexistro da Comunidade Autónoma, catro máis que no 2016. O número de empregados aumentou ata as 115 persoas, unha máis que o ano anterior.

O obxectivo deste informe é analizar a evolución dos principais indicadores da actividade de mediación levada a cabo polos corredores e axentes de seguros vinculados que desenvolveron a súa actividade en Galicia durante o exercicio 2017 e que, polo tanto, figuraban inscritos no rexistro autonómico.

Deste, conclúese que a totalidade dos mediadores inscritos neste rexistro cumpren coas súas obrigas legais e están ao día dos pagamentos dos correspondentes recibos tanto de responsabilidade civil como do seguro de caución, o que garante a súa capacidade financeira para o exercicio da actividade de mediación. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre