Inicio Galicia O visor para a autorizacións de cortas de madeira recibe 17.130 solicitudes...

O visor para a autorizacións de cortas de madeira recibe 17.130 solicitudes en menos de catro meses

0

A plataforma informática púxose en marcha o 26 de abril e de media entran máis de 155 trámites diarios

A Consellería do Medio Rural puxo en marcha o 26 de abril o novo sistema de comunicación e autorizacións de aproveitamentos forestais que permite axilizar estes trámites. En menos de catro meses, esta plataforma recibiu 17.130 solicitudes, o que se traduce nuns 155 trámites diarios.

Deles, a maioría, ata 9.803, son declaracións responsables, o trámite máis rápido xa que o solicitante non ten que esperar unha resposta da administración. O propietario presenta un documento no que manifesta ser dono do terreo e asume as responsabilidades da tala. Este novo concepto está vinculado aos aproveitamentos relacionados con especies de crecemento rápido como piñeiros, eucaliptos ou acacias onde os terreos non están suxeitos a unha protección especial.

Respecto ás autorizacións, aquelas solicitudes que si requiren dun análise previo e contestación por parte da Xunta, xa se presentaron 7.327 solicitudes de xeito telemático neste prazo. Tamén estes propietarios benefícianse dos avances desta aplicación informática que permite reducir os prazos e ter un único interlocutor coa administración, a Consellería do Medio Rural, que é quen recibe a petición e tramita os correspondentes informes a cada departamento. Actúa, polo tanto, como xanela única interadministrativa, reunindo nun único visor toda a información precisa e homoxénea dos distintos organismos e administracións competentes.

Leer más:  Abren una cuenta para apoyar a la familia del empleado fallecido en un accidente laboral en A Mariña

Por provincias, das 17.130 solicitudes a maioría proceden da Coruña (7.903) seguido de Lugo (5.692) e Pontevedra (2.900). No caso de Ourense é a provincia onde menos utilizan esta nova plataforma (635 solicitudes) xa que tamén é o territorio onde se concentran menos plantacións de especies de crecemento rápido.

BeneficiosEste novo visor de cortas, posto en marcha da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), inclúe unha plataforma de información xeorreferenciada que permite que con só introducir a referencia catastral do terreo onde se quere cortar madeira, se visualicen todas as proteccións administrativas que lle afectan e, polo tanto, coñecer o trámite que debe seguir o propietario.

A simplificación dos aproveitamentos forestais era un obxectivo do Goberno galego, xa que supón importantes beneficios para os propietarios e para un sector moi relevante na nosa comunidade como é o forestal. Anualmente realízanse en Galicia arredor de 75.000 aproveitamentos madeireiros cun movemento duns 8 millóns de metros cúbicos de madeira. Os datos evidencian a relevancia dos recursos forestais na nosa comunidade, que xeran riqueza e emprego no ámbito local entre os propietarios do monte, que no 98% corresponde a titulares privados.

Leer más:  Se desató un incendio forestal en Entrimo (Ourense)

Enlace ao visor web. 


- Te recomendamos -