Inicio Galicia O vindeiro mércores ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a...

O vindeiro mércores ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a nova edición do programa Emprural

0

Trátase de impulsar o emprendemento da mocidade no rural

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca unha nova edición do programa de empredemento no rural Emprural, que ten por obxecto facilitar á mocidade galega a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais mediante o aproveitamento das oportunidades que ofrecen estas zonas. A iniciativa inclúe a realización de prácticas formativas en empresas durante un máximo de 3 meses.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase na páxina web de Xuventude desde o vindeiro mércores, día 24, ata o 8 de maio e o número de prazas é de 50. As persoas destinatarias son mozas e mozos de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.

Emprural está orientado especialmente ao emprendemento e autoemprego da xuventude no medio rural, o que converte a este sector da poboación no maior activo para o desenvolvemento local. O programa ofrece ás persoas participantes asesoramento e acompañamento profesional no proceso de elaboración e materialización das súas propostas de negocio e actividade, axuda persoal e social.

FormaciónEn canto ás actividades formativas do programa, estas divídense en tres bloques. A primeira consiste na análise de casos prácticos de éxito con visitas técnicas a empresas e explotacións e con sesións teóricas de traballo.

A segunda céntrase na formación práctica adaptada ás necesidades do grupo participante en eidos que hoxe son fundamentais para a inserción laboral, como poden ser a comunicación, as novas tecnoloxías da información, innovación ou normativa, entre outros. Ademais esta fase inclúe formación básica sobre a xestión da información comercial e empresarial e formación específica sobre loxística e busca activa de emprego, entre outros aspectos. A terceira e última fase de Emprural é a formación na empresa dos participantes para fomentar a aprendizaxe pola práctica e o contacto continuo coa realidade empresarial.

Durante toda a duración do proxecto, as persoas participantes terán titoría e seguimento individual. Ao remate do mesmo, as mozas e mozos terán acadado experiencia laboral, identificados nichos de emprego no territorio, elaborado un plan de mellora da súa empregabilidade, identificadas as necesidades de formación que precisan e, no seu caso, asinados contratos laborais ou lanzadas iniciativas profesionais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre