ValentÃn GarcÃa presentou esta mañá na SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica esta peza da compañÃa Queiman e Pousa ambientada no Camiño de Santiago
O secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, participou esta mañá na presentación de Camiñares, o terceiro videoclip da TriloxÃa meiga, da compañÃa Queiman e Pousa, coa que en outubro se inaugurou a publicación de traballos dixitais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.
O representante da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade sinalou que a peza audiovisual destaca “a beleza do Camiño de Santiago e os valores de autocoñecemento, de amizade e de convivencia que esta rota propicia, valores expresados en lingua galega, que é a que usan todos os materiais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021”. Xunto con ValentÃn GarcÃa, interviñeron na presentación a cantante Andrea Pousa, e o Bruxo Queiman.
O videoclip Camiñares, ambientado no Camiño de Santiago, está visible xa no Portal da Lingua Galega xunto cos outros dous vÃdeos que compoñen a TriloxÃa meiga: Axendados e Alalá meigo. Cada un deles está dedicado a un dos seguintes elementos da natureza: terra, auga e fogo, respectivamente. O cuarto elemento, o aire, vén representado pola propia cantante e intérprete dos vÃdeos, Andrea Pousa. Todos estes traballos teñen por obxectivo a divulgación e fomento do patrimonio cultural de Galicia e empregan distintas artes (danza, música, circo…) para alcanzar esta meta. Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021No marco do Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos derivados da covid-19, a Xunta de Galicia promove a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega no que se inclúe a iniciativa presentada hoxe. O devandito repositorio, integrado por contidos tanto virtuais coma presenciais, asà como por outros servizos de materiais e produción, persegue os obxectivos de dinamizar a lingua propia de Galicia, inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da covid-19 e abrir unha vÃa para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüÃsticas e culturais.