Inicio Galicia O vicepresidente da Xunta reúnese con distintos representantes da hostalería para abordar...

O vicepresidente da Xunta reúnese con distintos representantes da hostalería para abordar temas de xogo e a orde de horarios

0


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes da Asociación provincial de empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, da Asociación de Cafeterías e Pubs de Pontevedra, e da Federación Provincial da Hostalería de Pontevedra.

No encontro, abordáronse temas relacionados coa Lei de Xogo, que se está tramitando actualmente, co obxectivo de recabar de forma directa as impresións dos hosteleiros. Durante a xuntanza, tamén se tratou a orde de horarios de establecementos e espectáculos públicos, na que se está avanzando actualmente en dous grupos de traballo. O labor destes dous grupos estase complementando a través de reunións bilaterais como a de hoxe en Vigo, ou como a mantida onte coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre