Inicio Galicia O vicepresidente da Xunta reúnese co profesor da USC, Antonio Rial, para...

O vicepresidente da Xunta reúnese co profesor da USC, Antonio Rial, para abordar temas relacionados co xogo

0


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo co profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio Rial Boubeta, para abordar temas relacionados co xogo.

Antonio Rial é un psicólogo experto na materia e membro do grupo de traballo da Xunta constituído para asesorar na elaboración da nova Lei do Xogo, que se está tramitando actualmente e que virá a actualizar a anterior normativa, que data de 1985.

Durante a reunión, abordaron e analizaron os distintos aspectos do borrador da Lei, así como as necesidades e demandas do panorama actual. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre