Inicio Galicia O vicepresidente da Xunta reúnese co Consello da Avogacía Galega e co...

O vicepresidente da Xunta reúnese co Consello da Avogacía Galega e co Consello Galego de Procuradores

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse esta mañá por videoconferencia co presidente do Consello da Avogacía Galega, Ramón Jáudenes, e co presidente do Consello Galego dos Procuradores dos Tribunais, Fernando González-Concheiro, para abordar as demandas e necesidades de ambos colectivos profesionais durante a situación excepcional derivada da crise sanitaria polo coronavirus.

Rueda puxo en valor o traballo esencial que desenvolven estes profesionais á hora de garantir os dereitos de toda a cidadanía, e destacou tamén o papel que levan a cabo a través da Asistencia Xurídica Gratuíta, un servizo fundamental para garantir o acceso á xustiza en igualdade de condicións. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre