Inicio Galicia O Vicepresidente da Xunta recibe aos organizadores do Congreso de Criminalística e...

O Vicepresidente da Xunta recibe aos organizadores do Congreso de Criminalística e a un dos policías nacionais feridos en Barcelona

0

Os dous policías galegos feridos en acto de servizo recibirán a Medalla ao Mérito Profesional e Académico no Congreso, que comeza hoxe


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu hoxe aos organizadores do II Congreso Internacional de Criminalística e a un dos dous policías nacionais galegos que resultaron feridos en acto de servizo en Barcelona. Os dous axentes recibirán esta tarde a Medalla ao Mérito Profesional e Académico no marco deste Congreso.

Na reunión desta mañá participaron o director e o secretario xeral do Instituto Internacional de Criminalística Aplicada (INICA), Luis Alamancos e Antonio Busto; o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e o comisario da Policía Autonómica, Fernando Pico.

O II Congreso Internacional de Criminalística Aplicada, organizado por INICA, comeza hoxe na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada. O evento, que se prolongará ata mañá, está dirixido aos profesionais das forzas e corpos de seguridade e doutros servizos de emerxencias. Durante estes días, expertos de renome abordarán as distintas vertentes da investigación criminal a través de ponencias e mesas redondas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre