Inicio Galicia O vicepresidente da Xunta participou hoxe na gala anual da Federación Galega...

O vicepresidente da Xunta participou hoxe na gala anual da Federación Galega de Ciclismo

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na Gala do Ciclismo Galego celebrada no Teatro Principal de Pontevedra. Neste evento anual organizado pola Federación Galega de Ciclismo recoñécense os resultados dos ciclistas nas probas do calendario autonómico na última tempada e tamén as traxectorias e o traballo de persoas e entidades vinculadas a este deporte.

Alfonso Rueda destacou o compromiso da Xunta co deporte galego para avanzar cara unha Galicia máis saudable e lembrou aos galardoados que son referentes para que os nenos e nenas se animen a participar neste deporte e, ao mesmo tempo, descubran os valores que implica a práctica da actividade deportiva como o esforzo ou o traballo en equipo. Ademais, sinalou a vinculación do ciclismo co turismo, como demostra o auxe do Camiño de Santiago en bicicleta. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre