O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez AlmuÃña, mantiveron hoxe unha reunión por videoconferencia con representantes dos sindicatos policiais para coñecer as súas demandas en canto á protección dos funcionarios policiais fronte ao coronavirus. No encontro tamén participou o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.
Alfonso Rueda agradeceulles o seu traballo nos operativos relacionados co cumprimento das restricións derivadas do estado de alarma e destacou o importante labor que desempeñan na loita contra a covid-19 para garantir a seguridade da cidadanÃa. O vicepresidente da Xunta trasladoulles que o Goberno galego estudará que os axentes da PolicÃa Nacional e da PolicÃa Autonómica poidan incluÃrse entre os colectivos de risco que están máis expostos ao virus aos que a Xunta está a realizar test rápidos.