Inicio Galicia O vicepresidente da Xunta asistiu hoxe no parador de Baiona á presentación...

O vicepresidente da Xunta asistiu hoxe no parador de Baiona á presentación da tempada 2020 do Club Ciclista Rías Baixas

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, acompañaron hoxe ao presidente do Club Ciclista Rías Baixas, José Luis Chamorro e ao seu secretario, Gerardo Chamorro, na gala celebrada no Parador de Baiona para presentar aos equipos do club que competirán na tempada 2020 nas categorías Élite Sub23 e Júnior. Ao evento tamén acudiu o alcalde de Baiona, Carlos Gómez.

Alfonso Rueda indicou que o club constitúe un referente para a nosa comunidade no eido do ciclismo e destacou a súa aposta por reforzar o deporte de base coa creación do equipo Júnior nesta tempada. Pola súa parte, o secretario xeral para o Deporte incidiu no apoio da Xunta a través de axudas de patrocinio e para o seu funcionamento aos equipos que como o Club Ciclista Rías Baixas fomentan os valores do deporte.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre