Inicio Galicia O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia asume a resolución dos...

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia asume a resolución dos recursos do Consello de Contas

0

A Consellería de Facenda e o Consello de Contas asinaron un convenio de colaboración que amplía o ámbito de actuación do Tribunal

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia vai asumir a resolución dos recursos especiais en materia de contratación que efectúe o Consello de Contas de Galicia. Así se desprende dun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Facenda e este organismo no mes de xullo.

Este Tribunal de Contratación é un órgano administrativo colexiado e especializado, que actúa con total independencia no exercicio das súas competencias, e ten entre as súas funcións as de resolver os recursos especiais no eido da contratación administrativa de todo o sector público autonómico, incluídas as administracións locais e as universidades.

O convenio asinado amplía o ámbito de actuación -posibilidade recollida xa na lei de creación do propio Tribunal- coa resolución dos recursos que se poidan interpoñer fronte ás contratacións realizadas polo Consello de Contas sen que isto supoña ningún gasto.

Ademais, esta colaboración reflexa tamén a clara aposta polo uso dos medios electrónicos como xeito habitual de comunicación entre o Tribunal Administrativo de Contratación Pública e o Consello de Contas co fin de lograr unha resolución máis áxil dos recursos presentados.

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

- Te recomendamos -