Inicio Galicia O Tren do Peregrino ofrece máis de 400 prazas para percorrer Galicia...

O Tren do Peregrino ofrece máis de 400 prazas para percorrer Galicia este verán nas súas catro saídas do mes de agosto

0

A ruta, dunha duración de seis días, permite realizar a pé ou bicicleta os últimos tramos do Camiño Portugués en máis de 10 concellos galegos e obter a Compostela

O Tren do Peregrino ofrece este ano máis de 400 prazas para percorrer a Comunidade galega este verán nas súas catro saídas programadas para o mes de agosto. Este percorrido, que cumpre a súa cuarta edición, está enmarcado na oferta turística ferroviaria impulsada ao abeiro da colaboración de Turismo de Galicia e Renfe e percorrerá máis dunha decena de concellos galegos.

Do total de prazas, 110 corresponden a cada unha das saídas que están programadas para os días 1,8, 15 e 22 de agosto. As viaxes inícianse en Madrid e teñen unha duración de seis días e cinco noites, nas que o tren atravesará as localidades de Tui, Porriño, Mos, Redondela, Arcade, San Amaro, Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove, Caldas de Reis, Valga, Padrón, Teo e Santiago de Compostela, desde onde regresará a Madrid.

Os viaxeiros que o desexen poderán recorrer as etapas cuxa lonxitude sumada permita obter a Compostela ao final da viaxe. Desde a estación na que o tren se detén ata o lugar onde se inicia a etapa serán trasladados nun autobús que os acompañará no seu traxecto para os desprazamentos que sexan necesarios. Poderán facer os tramos do Camiño Portugués a pé ou en bicicleta e facilitaráselles o material preciso para que poidan selar.

Leer más:  Igualdad investigará el uso de fondos contra la violencia machista en una cena "para mujeres" en Cerdedo-Cotobade

O Tren do Peregrino concíbese como un tren hotel, que inclúe o aloxamento nunha cabina con baño completo, almorzos e dúas ceas, así como actividades complementarias. O tren conta con cafetería, dous coches restaurante e dúas cabinas máis para o lecer. Os billetes para cada unha das saídas previstas están dispoñibles na páxina web de Renfe.

Trens turísticos de GaliciaForma parte da colaboración entre a Xunta e Renfe, que se completa cos Trens turísticos de Galicia, onde tamén colabora o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, Inorde. Este ano suma dous novos itinerarios: a Ruta dos Mosteiros e Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo Miño. En total, son 12 rutas temáticas que percorren as catro provincias da Comunidade con 56 saídas desde a primavera ata o outono durante as fins de semana. Amais, por primeira vez, hai teatralizacións nalgúns dos itinerarios.

O éxito desta iniciativa estase a constatar unha ano máis. Un primeiro balance das saídas do mes de xullo indica que a ocupación aproxímase ao 95%. Pódese consultar o calendario de cada unha das rutas programadas na web de Turismo de Galicia.

Leer más:  Cancelada la procesión del Santo Entierro de Orense por la previsión de lluvia

- Te recomendamos -