Inicio Galicia ?O teu Xacobeo? réndelle homenaxe aos irlandeses que fixeron o Camiño de...

?O teu Xacobeo? réndelle homenaxe aos irlandeses que fixeron o Camiño de Santiago por mar a bordo do ?Naomh Gobnait?

0

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o escritor Alfredo Conde presentaron a novela que relata esta epopeia, ‘Homes de Ferro’.

O secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o escritor Alfredo Conde presentaron hoxe en Vigo a novela Homes de Ferro, unha obra que conta co apoio da Xunta de Galicia a través de O teu Xacobeo e na que se rende homenaxe a viaxe dun grupo de amigos irlandeses que completaron o Camiño de Santiago a remo desde Dublín a bordo do Naomh Gobnait, un bote de remos.

Durante a súa intervención, García Gómez loou a importancia desta novela na que Alfredo Conde aproveita esta aventura para abordar ás primeiras peregrinacións irlandesas achegando referencias filosóficas e etnográficas sobre a esta ruta empregada en milleiros de peregrinacións entre os séculos XIII e XV. Nesta liña, o secretario xeral destacou a capacidade de unir fronteiras da obra que, ademais de publicarse en galego, contará cunha versión en castelán e outra en inglés.

A novela, cuxa presentación acolleu o Museo do Mar de Galicia, onde está exposto o bote, forma parte do proxecto cultural Camiño por Mar, da Asociación Galega do Patrimonio Industrial. Trátase dunha iniciativa incluída en O teu Xacobeo mediante a cal se reconstruíu o bote empregado por estes peregrinos despois de que, no ano 2017 e tras completar o Camiño, sufriran un fatídico accidente en Caminha. O proxecto conta tamén cunha peza audiovisual e unha páxina web coa que pretenden recuperar e poñer en valor esta ruta marítima que une Irlanda con Galicia.

Na presentación participaron, xunto ao secretario xeral e o autor, o editor Alejandro Diéguez e Manuel Lara, presidente de Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, entidade impulsora do proxecto Camiño por mar.2.500 quilómetros por marA novela está baseada na historia deste grupo de amigos irlandeses que decidiu construír o Naohm Gobnait para percorrer 2.500 quilómetros por mar e que chegou ao porto de A Coruña despois de completar diferentes etapas. Esta aventura concluíu con éxito no ano 2016, coincidindo co 800º aniversario da primeira peregrinación irlandesa. Lamentablemente, un ano despois e mentres facían unha ruta pola costa galega, o grupo sufriu un accidente en Caminha que acabou coa morte dun dos integrantes e coa embarcación, agora reconstruída por Buxa, completamente estragada.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre