Inicio Galicia ?O teu Xacobeo? recupera en Dumbría a lenda do Vákner, o monstro...

?O teu Xacobeo? recupera en Dumbría a lenda do Vákner, o monstro que atemorizaba a peregrinos

0

A comisaria do Xacobeo 2021 inaugura un encontro internacional que reúne aos principais expertos na orixe desta besta da que falou un bispo armenio do medievo

A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, participou hoxe na inauguración do encontro internacional O Vákner, un monstro do medievo no Camiño de Fisterra e Muxía. Trátase dunha proposta que permite recuperar e poñer en valor o patrimonio inmaterial ao redor do Camiño de Santiago.

Coordinado polo historiador experto no Camiño de Santiago, Antón Pombo, as xornadas reúnen aos principais expertos nesta lenda que trata dunha besta que se atoparía, segundo os estudos, entre Fisterra e Muxía e da que fala por primeira vez un bispo armenio nun diario que escribiu durante a súa peregrinación a Santiago no século XV: “Padecín moitos traballos e fatigas nesta viaxe, na cal topei con gran cantidade de bestas salvaxes moi perigosas. Atopamos o Vákner, animal salvaxe grande e moi daniño”.

Deste xeito, o encontro pretende ser a primeira peza para recuperar un mito do que se esqueceu a literatura e a tradición oral. Para iso, as xornadas contan co catedrático de Filoloxía Inglesa da USC, Fernando Alonso Romero, un dos maiores expertos no Vákner, que defende a tese de que o mito ten a súa orixe no mundo do lobo. Tamén participa a doutora en Filoloxía Inglesa Aurora Lestón Mayo, que asegura que o mito procede do dragón, o fáfner das sagas nórdicas. Ignacio Iñarrea, catedrático de Filoloxía Francesa da Universidade da Rioxa, outro dos estudosos mais destacados desta lenda e que acaba de publicar un libro no que tivo que levar acabo un rigoroso proceso de documentación, tamén está presente nesta cita.

Complementan estas charlas, intervencións de expertos e investigadores coa finalidade de pór as bases para recuperar un proxecto baixo o nome de Terras do Vákner seguindo como exemplo o proxecto que existe en Francia sobre a besta de Gévaudan. Para isto, o encontro conta con Bernard Soulier, creador e director do Musée Fantastique de la Bête de Gévaudan (Saugues).

Bergantiños-Costa da MorteNa comarca de Bergantiños-Costa da Morte, O teu Xacobeo, o programa posto en marcha polo Goberno autonómico co obxectivo de dinamizar a participación da sociedade de cara a celebración do vindeiro Ano Santo, está a desenvolver seis proxectos cunha subvención de máis de 80.000 euros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre