Inicio Galicia ?O teu Xacobeo? pon en marcha un camiño de superación para persoas...

?O teu Xacobeo? pon en marcha un camiño de superación para persoas enfermas de cancro de Ourense

0

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, presentou hoxe a iniciativa da AECC de Ourense que se inclúe no programa da Xunta para involucrar a todos os galegos na celebración do vindeiro Ano Santo


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presentou o proxecto Camiño de superación: unha ruta ao alcance de todas e todos que a Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Ourense promove dentro do programa de O teu Xacobeo e que se desenvolverá do 5 ao 7 de novembro.

Persoas diagnosticadas de cancro en proceso de recuperación realizarán o Camiño Portugués, entre A Guarda e Santiago de Compostela, en autobús, con camiñadas de dous ou tres horas diarias e actividades socioculturais complementarias.

Díaz Mouteira destacou a descentralización deste programa da Xunta de Galicia e informou de que esta iniciativa promoverá unha cultura da saúde e da prevención, mentres se estende á sociedade unha mensaxe de esperanza e superación para as persoas que resultan diagnosticadas con esta enfermidade. A AECC de Ourense promove en total tres proxectos: ao presentado hoxe, súmanse outros dous “camiños de superación” que percorrerán outras rutas xacobeas.

A presentación da iniciativa contou, ademais, coa presenza da presidenta da AECC Ourense, Dora Gómez e a traballadora social da asociación, Rocio Taboada; ademais de Xulio López, representante da empresa Aventeira Cooperativa Galega Xuvenil, encargada da asistencia técnica do proxecto.

A delegada territorial referiuse á capacidade de O teu Xacobeo para chegar a todos os públicos, subliñando que este programa representa o carácter “participativo, descentralizado e sustentable” do próximo Ano Santo polo que aposta a Xunta. “Confiamos en que esta iniciativa sentará as bases dun Xacobeo que sintan como propio todos e cada un dos galegos”, recalcou Marisol Díaz.

As iniciativas incluídas neste ambicioso programa abranguen un total de cinco áreas: o ámbito artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, ámbito deportivo e ámbito social.

Na provincia de Ourense, O teu Xacobeo permite impulsar 33 proxectos en diversos concellos da provincia. Estas iniciativas supoñen un investimento de máis de 350.000 euros por parte da Xunta de Galicia e permitirá mobilizar preto de 615.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre