Inicio Galicia O Servizo Galego de Saúde está a adoptar numerosas iniciativas para mellorar...

O Servizo Galego de Saúde está a adoptar numerosas iniciativas para mellorar as condicións do persoal médico

0

Ofertas públicas de emprego, concursos de traslados, prolongación no servizo activo, aprobación dun Plan para atención primaria, melloras para o persoal dos PACS, ou a implantación da carreira profesional, son algúns exemplos das importantes medidas que está a implementar o Goberno galego

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2019.- En relación ao comunicado realizado hoxe polo colexio oficial de médicos de Pontevedra, a Consellería de Sanidade sinala que xa adoptou diversas medidas para paliar o déficit de médicos e para mellorar as condicións de prestación dos servizos sanitarios. Así, a través das ofertas públicas de emprego do Servizo Galego de Saúde, este ano tomarán posesión 241 médicos de familia de atención primaria da oferta de emprego de 2018, e convocáronse 254 máis nesta categoría, ademais de 93 pediatras de atención primaria.

Xunto ao anteriormente sinalado, o Sergas convocará o concurso oposición da oferta pública de emprego do presente ano, tanto de facultativos especialistas de atención hospitalaria como de médico asistencial do 061, que implicarán 490 prazas.

Ademais, o departamento sanitario autonómico puxo en marcha unha convocatoria anual do concurso de traslados aberto e permanente, que permite atraer a médicos doutros servizos de saúde, e que os nosos profesionais poidan conciliar a vida familiar e laboral.

Máis iniciativasOutras medidas postas en marcha pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, son a prolongación no servizo activo ata os 70 anos, así como o contrato de continuidade de tres anos de duración que posibilitou formalizar ao redor de 30 contratos de longa duración para médicos de familia.

Así mesmo, o Goberno galego aprobou o Plan de Atención Primaria, dotado con máis de 100 millóns de euros, que recolle un incremento real de prazas para reducir cargas asistenciais. En concreto, 80 prazas de médicos de familia e 20 de pediatras de atención primaria no período 2019-2021. O Plan recolle, igualmente, un compromiso de mellora de xestión da cobertura das ausencias e de revisión das condicións de intersubstitución e prolongación de xornada.

Tamén puxo en marcha o Goberno galego melloras ostensibles das condicións de traballo dos profesionais dos Puntos de Atención Continuada, cun recente acordo de incremento do pago por noites e festivos, ademais dun compromiso de revisión de cargas asistenciais que poidan xustificar o incremento de prazas ou reforzos de persoal.

Igualmente, o departamento sanitario galego realizou un incremento da acreditación de unidades docentes para a formación especializada en Galicia de novos especialistas e tamén aumentáronse as prazas de formación da convocatoria 2019-2020.

Tamén son moi importantes as medidas incentivadoras postas en marcha por Sanidade e o Sergas como é o caso da implantación dun verdadeiro sistema de carreira profesional, que permite o recoñecemento de dous graos en dous anos. Así, preto de 28.000 traballadores do Sergas teñen recoñecidos graos de carreira profesional no primeiro ano da sú implantación.

Así mesmo, os médicos son partícipes das melloras globais do emprego pùblico, tales como a recuperación do complemento específico adicional dende o ano 2017, a recuperación de tres días adicionais de libre disposición, ou o pago do 100% das retribucións no caso de incapacidade temporal dende o primeiro día da baixa. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre