Inicio Galicia O Servizo Galego de Saúde amosa a súa aposta polos Puntos de...

O Servizo Galego de Saúde amosa a súa aposta polos Puntos de Atención Continuada

0

O Edificio Administrativo de San Lázaro acolle a reunión da Comisión de Seguimento das condicións de traballo do persoal médico e de enfermería dos PACs

O Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde acolleu, hoxe pola mañá, a reunión da Comisión de seguimento do acordo sobre ordenación e condicións de traballo do persoal médico e diplomado en enfermería dos Puntos de Atención Continuada. Na Comisión de seguimento, presidida pola directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Margarita Prado Vaamonde, deuse razón do cumprimento, por parte da Administración sanitaria galega, dos acordos adoptados con motivo do fin de folga de xullo de 2019, salientando o alto grao de cumprimento acadado.

Na xuntanza de hoxe os representantes da Dirección Xeral de Recursos Humanos informaron que todas as Xerencias das respectivas áreas sanitarias están a facer efectivas aos profesionais dos Puntos de Atención Continuada dúas dietas de manutención no suposto de prestación de servizos as 24 horas; e que o vestiario EPI (Equipos de Protección Individual) está totalmente normalizado en todas elas, cumprindo, ademais, a normativa de prevención de riscos laborais. O vestiario está distribuído xa con carácter xeral, rematándose o reparto na última semana deste mes de decembro.

O indicador de derivación hospitalario tense eliminado dos Acordos de Xestión de todas as áreas sanitarias, e estase a computar como xornada efectiva o tempo dedicado polos profesionais ás reunións ás que son convocados fóra do horario de traballo.

Así mesmo, comunicouse o total cumprimento do incremento do prezo a pagar aos médicos de familia e persoal de enfermería dos Puntos de Atención Continuada por noites e festivos, coa inclusión dunha partida nos presupostos da Xunta de Galicia de 2020 para o pago do 80% destes conceptos, segundo o acordado.

Reforzos de persoal e dotación de prazasComo todos os anos, as áreas sanitarias teñen reforzado ao longo deste ano os Puntos de Atención Continuada con profesionais polos incrementos de actividade previsible (festas, eventos deportivos, verán en zonas turísticas…). Así mesmo, comunicouse na Comisión unha nova dotación de prazas tanto de médicos de familia como persoal de enfermería conforme aos criterios vixentes de ratios poboacionais e equipos completos.

O 34% do total de novas prazas de medicina de familia e de enfermería comprometidas para o próximo ano polo Plan Galego de Atención Primaria, e dotadas xa nos orzamentos da Consellería para 2020, son para os PAC, o que amosa a aposta da Xunta de Galicia por estes dispositivos da atención urxente extrahospitalaria. En concreto, son 23 as prazas destinadas aos PAC: sete de medicina familiar e 16 de enfermería.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre