Inicio Galicia O servizo de prevención e defensa contra incendios leva realizadas 160 desinfeccións...

O servizo de prevención e defensa contra incendios leva realizadas 160 desinfeccións en centros de saúde e residencias das comarcas da provincia de Pontevedra

0

Ademais dos centros asistenciais, nestas tres semanas de traballo tamén desinfectaron outras áreas do rural especialmente concorridas, como beirarrúas ou zonas establecidas para a recollida do lixo


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá a labor dos profesionais do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPDCIF) de Galicia que levan realizadas 160 desinfeccións en centros de saúde e residencias de maiores e discapacitados nas comarcas do Salnés, Pontevedra, Morrazo, Deza, Baixo Miño e Condado-Paradanta dende que comezara a súa colaboración de maneira preventiva no marco da situación de emerxencia declarada por mor do coronavirus.

Estas intervencións leváronse a cabo nos exteriores das residencias de maiores, para personas con discapacidad e centros de saúde, ademais, de desinfectarse tamén outras áreas do rural especialmente concorridas, como beirarrúas ou zonas establecidas para a recollida do lixo.

As comarcas de Pontevedra, Caldas e O Salnés é a que maior número de actuacións contabilizou, con 70 en total, distribuídas en 10 centros de saúde e 1 centro educativo. Nas comarcas do Deza e Tabeirós foron 27 actuacións, en 7 centros de saúde e 3 residencias de maiores.

Segundo os datos que manexa a Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, na comarca de Baixo Miño-Vigo foron 25 actuacións, en 3 centros de saúde e 4 residencias, mentres, no Condado-Paradanta, contabilizáronse 37 desinfeccións, 8 en centros de saúde e 3 residencias de maiores.

En total, no ámbito provincial, os axentes e bombeiros forestais realizaron 160 actuacións en 25 concellos.

Ademais, cabe destacar que para realizar estes traballos adecuadamente, os efectivos contan coa debida formación e con todo o material de protección e desinfección necesario, así como cos protocolos de actuación pertinentes, seguindo en todo momento as recomendacións sanitarias.

Finalmente, cómpre matizar que todas estas funcións adicionais que realizan estes profesionais non impiden que desenvolvan a súa función principal e primordial, que é a de prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar ao longo do día en todo o territorio galego. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre