Inicio Galicia O Sergas utiliza argumentos técnicos e fundamentados para mellorar a calidade asistencial...

O Sergas utiliza argumentos técnicos e fundamentados para mellorar a calidade asistencial en hemodinámica

0

O conselleiro de Sanidade resalta que este servizo atende aos criterios indicados pola Comisión de seguemento do Rexistro galego de infarto agudo de miocardio (Regaliam)

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña afirmou hoxe no Parlamento que o Servizo Galego de Saúde traballa na mellora da calidade asistencial “utilizando argumentos técnicos e fundamentados” e que no caso da hemodinámica estes argumentos atenden aos criterios da Comisión de seguimento do Rexistro galego de infarto agudo de miocardio (Regaliam).

O conselleiro destacou de Sanidade traballa para garantir a mellor calidade e seguridade asistencial a toda a cidadanía galega en calquera lugar do territorio no que se encontre e que o Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio (Progaliam) é un modelo de éxito que garante a atención inmediata e no menor tempo posible cando sucede un infarto agudo de miocardio. Almuiña insistiu en que”seguiremos realizando análises e seguindo so criterios da Comisión Técnica para avaliar e actualizar o Progaliam segundo as novas evidencias dispoñibles”.

Almuiña lembrou que segundo o último informe da Comisión de seguimento do Regaliam, ata o 31 de decembro de 2017 rexistráronse un total de 2.724 casos, o que representa un total de 40,23 casos por 100.000 habitantes. Segundo explicou o conselleiro, a mortalidade global neste período, tras 30 días de seguimento foi do 3,5% (menor do estándar de 5%, marcado pola Sociedade española de cardioloxía, en todas as reas sanitarias, tamén en Ourense).

Os excelentes resultados do informe deixaban aínda unha marxe de mellora no relativo aos tempos de atención, dixo Almuiña, polo que se tomaron varias medidas como unha campaña informativa poboacional ou a revisión das isocronas do 061 para o traslado dos pacientes aos centros con capacidade de realizar anxioplastia primaria máis próximos. Entre estas medidas, continuou o conselleiro, estaba a ampliación do horario das unidades de hemodinámica de Lugo e Ourense que se levou a cabo en 2018.

No caso concreto de Ourense, a Unidade de hemodinámica ampliou o seu horario no mes de setembro de 2018, de forma que na actualidade realízase hemodinámica de luns a venres cun horario ampliado entre as 8 horas e as 22 horas. Segundo afirmou Jesús Vázquez Almuiña, “o servizo de cardioloxía de Ourense mostra unha excelente actividade”.

Programa galego de atención ao infarto agudoGalicia conta dende o ano 2006 co Progaliam, cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida do paciente con infarto, procurando un diagnóstico e tratamento precoz, así como promover a equidade no acceso ás prestacións do sistema sanitario. Ao longo de todos estes anos, o programa consolidouse é está recoñecido como un dos mellores de España.

Para recoller toda a información sobre a morbi-mortalidade do infarto agudo de miorcardio, cos datos aportados directamente polos propios servizos de cardioloxía dos hospitais e do 061, creouse en 2015 o Regaliam e tamén a comisión de control e seguimento, conformada por representantes do Sergas, do 061 e sete cardiólogos propostos polos respectivos xefes de servizo de Cardioloxía de cada hospital. A Comisión avalía os datos do rexistro de forma obxectiva e baixo criterios estritamente técnicos, sendo os seus informes consensuados e asinados por todos os seus membros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre