Inicio Galicia O Sergas traballa para manter unha asistencia de calidade na Mariña ao...

O Sergas traballa para manter unha asistencia de calidade na Mariña ao igual que no resto de Galicia

0

Así o afirmou o conselleiro no Pleno do Parlamento, onde destacou que na comarca non se fixo ningún recorte asistencial e que ademais completouse a carteira de servizos no Hospital para poder atender aos pacientes oncolóxicos

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe que dende o Servizo Galego de Saúde “traballamos por manter unha asistencia de calidade na Mariña, igual que no resto de Galicia. A ampliación do Hospital da Mariña é a mellor proba de que, lonxe de pechar centros ou reducir servizos, apostamos por tratar aos pacientes nos seus hospitais, preto das súas casas. Esta ampliación supuxo a construción dun novo edificio, de novas instalacións, e supón un incremento da superficie do centro nun 33%, contando cun investimento de arredor de 12M€.

Atención pediátricaDurante a súa intervención no pleno e no referido á atención pediátrica, Almuiña lembrou que Galicia é unha das comunidades con maior taxa de cobertura pediátrica, xa que case o 90% das prazas de pediatría en atención primaria están cubertas por especialistas. O conselleiro sinalou que noutras comunidades como Baleares, a taxa é do 50 %, en Castela-A Mancha do 58% e en Estremadura, Madrid, Comunidade Valenciana, Murcia, Andalucía e Canarias ronda o 70%, sendo os nenos atendidos por médicos de familia.

O titular de Sanidade fixo tamén mención á atención pediátrica na Mariña luguesa e falou do caso concreto dos concellos de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo, onde hai unha pediatra para atender aos 731 nenos dos 3 concellos. No mes de xaneiro esta pediatra estivo de baixa, durante este período dende a xerencia fíxose un esforzo para cubrir dita baixa. Os días que non foi posible, a atención urxente quedou cuberta cuberta polos médicos de familia, totalmente capacitados, do mesmo xeito que o resto do ano os días que a pediatra non está.

Tamén se referiu Almuiña ao servizo de pediatría en Foz, con 1.117 nenos adscritos, e onde a pediatra ten unha redución de xornada que non afecta á súa axenda diaria. No caso de Viveiro hai dúas prazas de pediatría e dende o último concurso de traslados e oferta pública de emprego o titular pediu excedencia. Dende este momento estase a buscando un profesional para manter de xeito continuado a cobertura desta praza. O conselleiro lembrou que ante a falta de pediatras, se substitúe de forma continua por puericultores ou médicos de familia con experiencia en pediatría.

En definitiva, e segundo dixo Vázquez Almuiña, “a atención primaria na Mariña ten unha asistencia e dimensionamento adecuado para a demanda que xenera esta poboación”. Así mesmo engadiu que “somos conscientes das dificultades que temos para dar cobertura a todas as incidencias que se producen tanto de médicos de familia como de pediatras, pero estase a facer un esforzo para poder cubrir todas estas situacións ben con contratación de persoal ou readaptando as axendas e redeseñando as mesmas para asumir a demanda asistencial”.

Atención primariaPolo que se refire a atención pediátrica, o conselleiro de Sanidade puxo como exemplo o esforzo que está a facer o SERGAS. Dende a Xerencia de Lugo, A Mariña e Monforte, programouse o incremento de prazas de médicos de familia nos servizos de Viveiro e Burela, prazas vacantes de nova creación para ser cubertas a partir do mes de marzo con dous contratos de longa duración e totalmente estables.

O conselleiro tamén informou que en relación ao persoal de enfermería, no verán substituíse en función das quendas de vacacións, nunca as collen máis do 50% da plantilla ao mesmo tempo. A substitución está en función da carga de traballo é necesidades. Na Mariña, en concellos como Ribadeo, Barreiros ou Viveiro incrementase o persoal durante o verán polo aumento da poboación.

Referíndose ao PAC de Burela, o conselleiro remarcou que está ao lado das urxencias do Hospital, compartindo instalacións e permitindo que os profesionais deste PAC teñan acceso ás mesmas probas diagnósticas de radioloxía e laboratorio que teñen os sanitarios do servizo de urxencias do Hospital. Almuiña insistiu en que no Plan Director do Hospital da Mariña, nas accións previstas en urxencias, está previsto mellorar as instalacións do PAC.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre