Inicio Galicia O Sergas traballa na incorporación de pacientes con enfermidades reumatolóxicas á plataforma...

O Sergas traballa na incorporación de pacientes con enfermidades reumatolóxicas á plataforma de teleseguimento TELEA

0


O Servizo Galego de Saúde está a traballar para que no vindeiro ano 2020 a plataforma de teleseguimento TELEA poida incorporar un perfil propio para os pacientes con enfermidades reumatolóxicas. Así o indicou esta mañá o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante a inauguración do XLIX Congreso da Sociedade Galega de Reumatoloxía, onde analizou como este grupo de enfermidades, causa de aproximadamente o 5% das incapacidades sanitarias en España, representa un importante problema de saúde tanto para as persoas que as sofren como para o sistema sanitario e a sociedade no seu conxunto.

A Estratexia Sergas 2020, indicou Jesús Vázquez Almuiña, incluíu entre as súas prioridades a de favorecer o diagnóstico e a abordaxe precoz das enfermidades reumáticas inflamatorias, para poder evitar a súa progresión ou cando menos ralentizala. O conselleiro subliñou tamén os avances rexistrados no ámbito terapéutico e as recentes actualizacións dos protocolos de tratamento autorizadas pola Comisión Autonómica Central de Farmacia para dar cabida no Sergas ás novas evidencias e innovacións terapéuticas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre