Inicio Galicia O Sergas reúnese cos novos propietarios do hospital Povisa aos que lles...

O Sergas reúnese cos novos propietarios do hospital Povisa aos que lles pide o cumprimento dos termos acordados e pactados no concerto

0

Almuiña insistiu, na xuntanza cos novos propietarios, que a principal preocupación do seu departamento é o mantemento da calidade asistencial e dos postos de traballo

O equipo directivo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, encabezado polo seu máximo responsable, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse hoxe, no Edificio Administrativo de San Lázaro, cos directivos do Grupo Ribera Salud, novos propietarios do Hospital Povisa.

Nesta primeira reunión, o máximo responsable da sanidade pública galega incidiu en que a adquisición de Povisa non ten que afectar ao concerto co Sergas, e que a Administración sanitaria galega continuará pedindo o seu cumprimento nos términos acordados e pactados.

O conselleiro trasladoulles tamén, na xuntanza cos novos propietarios, que a principal preocupación do seu departamento respecto de Povisa é o mantemento da calidade asistencial e dos postos de traballo.

Así mesmo, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego transmitiulle aos directivos de Ribera Salud as principais preocupacións dos traballadores de Povisa, logo de que, esta mesma semana, o equipo directivo de Sanidade se reunira cos representantes do comité de empresa, aos que lles confirmou a súa firme aposta por garantir a calidade e seguridade da asistencia sanitaria e o mantemento dos postos de traballo.

Na xuntanza de hoxe pola mañá tamén se revisaron os obxectivos asistenciais fixados para este ano. Son un total de 29 indicadores, que van dende a taxa de cobertura da vacina antigripal ao personal sanitario, a indicadores de tempos de resposta asistencial (cirúrxica, de consultas de enfermidade e probas diagnósticas), de organización asistencial (implantación de programas de e-interconsulta), ou indicadores de calidade de pacientes ingresados, entre outros.

O acordo de xestión entre o Sergas e Povisa é un instrumento elaborado pola Administración sanitaria galega, compatible con outras iniciativas, e destinado a acadar os obxectivos promulgados na Estratexia Sergas 2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre