Inicio Galicia O Sergas reúne en Santiago a expertos nacionais e internacionais para analizar...

O Sergas reúne en Santiago a expertos nacionais e internacionais para analizar os retos e oportunidades da innovación en saúde

0

Máis de 200 inscritos participarán este xoves e venres na primeira edición da xornada Fronteiras da Innovación Sanitaria

A Cidade da Cultura acollerá durante este xoves e venres, da man do Sergas e da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), o debate experto arredor do futuro da innovación sanitaria. A primeira edición da xornada Fronteiras da Innovación Sanitaria 2019, con máis de 200 profesionais inscritos, permitirá examinar os avances reais na sanidade galega vencellados a proxectos de innovación (Código 100), difundir as oportunidades existentes na modalidade de compra pública innovadora ou explorar novos modelos de cooperación en materia de I+D+i. O foro pretende operar como espazo de discusión e intercambio de experiencias sobre a innovación sanitaria entre os profesionais do sector (entidades públicas e privadas, emprendedores e demais expertos de primeiro nivel).

A xornada, que será inaugurada este xoves polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, conta entre os ponentes convidados coa presidenta da Fundación Cotec e exministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, que intervirá o venres cunha análise sobre o papel da innovación na construción da sanidade do futuro. Na mesma xornada, tomarán parte como conferenciantes a asesora europea en innovación e pensamento en rede, Daria Tataj, e a directora de Proxectos Colaborativos Eurofins-Ingenasa e exsecretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Carmen Vela.

A xornada permitirá coñecer de primeira man iniciativas adoptadas no terreo da innovación. Por exemplo, coa presentación de InnovaIUS.

Lab, unha ferramenta orientada a facilitar o deseño de contratos de compra pública innovadora que sirvan como motores da I+D+i. A rede galega de Living Labs de Saúde, concibida como vía de colaboración entre o sistema sanitario, a academia, a industria e a sociedade para axilizar os resultados de innovación, será outra das propostas protagonistas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre