Inicio Galicia O Sergas reafírmase na tolerancia cero ás agresións aos seus profesionais

O Sergas reafírmase na tolerancia cero ás agresións aos seus profesionais

0

Coincidindo co Día Nacional contra as agresións no ámbito sanitario, esta maña reuniuse a Comisión técnica do Observatorio de violencia laboral do Servizo Galego de Saúde

Esta mañá celebrouse a reunión da Comisión técnica do Observatorio de violencia laboral do Servizo Galego de Saúde, coincidindo co Día nacional contra as agresións no ámbito sanitario, e como reflexo do compromiso de tolerancia cero con todo tipo de comportamentos violentos no Sergas.

O Servizo Galego de Saúde ten Plans específicos de prevención da violencia laboral de orixe externa co fin de garantir a protección e seguridade do seu persoal. Para verificar o coñecemento polos profesionais do procedemento a utilizar no suposto de sufrir unha agresión, realizáronse entrevistas persoais a profesionais de distintos servizos e centros sanitarios. Como resultado destas entrevistas, durante o pasado ano 2018, constatouse que en todas as xerencias máis do 80% dos profesionais coñecen os procedementos a seguir ante un episodio de violencia laboral e saben da importancia de comunicar e rexistrar estes feitos.

Nos últimos anos estase a realizar unha importante labor no eido da prevención, coa intención de dar visibilidade a esta problemática, tanto a nivel dos propios profesionais como dos usuarios da sanidade. Aínda así, acadar a violencia cero no ámbito sanitario é un obxectivo imposible, dado que determinados episodios de violencia derivan das patoloxías propias dos pacientes que son obxecto da atención sanitaria.

Durante a xuntanza do Observatorio analizáronse os datos dos episodios de violencia externa rexistrados no 2018 no Sergas. Durante as máis de 36 millóns de actuacións asistenciais realizadas o ano pasado polo Servizo Galego de Saúde, rexistráronse un total de 480 episodios de violencia que afectaron a 521 profesionais, dos que o 75% eran mulleres. O 99% dos episodios foron de carácter leve e o 69% foron agresións de tipo xestual ou verbal.

Por categorías, os episodios de violencia distribuíronse do seguinte xeito: persoal de enfermería 30,8%, persoal facultativo 26,4%, auxiliares de enfermería 21,1%, celadores e persoal de servizos xerais 14,9% e persoal administrativo un 3,8%.

A xuntanza desta mañá contou coa presencia do xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, e da directora xeral de Recursos Humanos, Margarita Prado Vaamonde, xunto a representantes de institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e das organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de representantes de institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e representantes de cada unha das organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de negociación do Servizo Galego de Saúde.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre