Inicio Galicia O Sergas publica o lugar e data dos exercicios para a OPE...

O Sergas publica o lugar e data dos exercicios para a OPE de enfermería na que se ofertan 830 prazas

0

As probas selectivas realizaranse en Silleda o domingo día 12 de maio


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado por Resolución do 1 de marzo de 2018 para o ingreso na categoría de enfermería. As probas selectivas realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra) o domingo día 12 de maio, ás 15.30 horas.

En total resultaron admitidas 8.738 persoas aspirantes, das cales 122 corresponden á quenda de discapacidade xeral, 8.520 á quenda libre, e 96 á quenda de promoción interna.

Ofértanse neste proceso un total de 830 prazas, das cales 372 corresponden á quenda de acceso libre, 415 á quenda de promoción interna, e 43 á quenda de discapacidade xeral.

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde recóllese a información das distintas portas de acceso ao recinto e a relación de aspirantes comprendidos en cada unha delas.

Con este proceso selectivo e os xa celebrados os días 9 e 10 de marzo para o acceso á categoría de celador/a e o día 7 de abril para a categoría de grupo auxiliar da función administrativa, o Servizo Galego de Saúde dá total cumprimento aos compromisos de coordinación dos procesos selectivos entre as Comunidades Autónomas adquiridos no ámbito da Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde.

Como en anteriores procesos selectivos, para dar cumprimento ás esixencias de obxectividade e imparcialidade na selección dos/das aspirantes, reforzáronse as medidas de seguridade coa posta a disposición dos tribunais de selección dunha plataforma securizada para a elaboración de cada un dos exercicios da fase de oposición que garante a trazabilidade de todo o proceso e permite a selección aleatoria e automatizada das preguntas de exame.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre