Ofértanse un total de 1.492 prazas para un total de 11 categorÃas, das que 254 son de médicos de familia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, ás puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes presentados en cada un dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso nas categorÃas de médico de familia, pediatra e odontólogo de atención primaria, fisioterapeuta, técnico en coidados auxiliares de enfemerÃa, persoal de servizos xerais e enfermeiro especialista das especialidades de enfermerÃa de saúde mental, do traballo, familiar e comunitaria, obstétrico-xinecolóxica e pediátrica, que se realizaron entre os meses de febreiro e marzo deste ano.
Ofértanse un total de 1.492 prazas para un total de 11 categorÃas, das que 254 son de médicos de familia. Superaron a fase de oposición 4.953 aspirantes.
Con esta publicación declárase finalizada a fase de oposición para o acceso á condición de persoal estatutario fixo destas categorÃas.
Próximas actuaciónsEstá previsto que proximamente se publiquen as puntuacións provisionais da fase de concurso destes procesos.