Inicio Galicia O Sergas mantén a súa proposta ofertada aos representantes dos Puntos de...

O Sergas mantén a súa proposta ofertada aos representantes dos Puntos de Atención Continuada e reitera a súa disposición ao diálogo

0

O Servizo Galego de Saúde xa aceptara a inmensa maioría das reivindicacións solicitadas por estes profesionais

O Sergas mantén a proposta ofertada aos Puntos de Atención Continuada e fai un chamamento ás organizacións sindicais e representantes dos traballadores para continuar o diálogo. Neste senso, o Sergas reitera que ten aceptado a inmensa maioría das reivindicacións solicitadas.

En concreto, a administración sanitaria lembra que aceptou nove das once medidas plantexadas polas organizacións sindicais. Entre as últimas melloras incorporadas á proposta aos representantes dos Puntos de Atención Continuada destaca o incremento retributivo pola realización de noites e festivos/domingos nun 60% en 2020 e do 40% en 2021, o que suporá de media un incremento de 600 euros anuais por noites e 1.400 anuais por festivos/domingos. Ademáis, entre as melloras xa incluídas noutras propostas ofertouse o abono de dúas dietas de manutención en domingos e festivos, que se ampliou a cando o servizo sexa de 24 horas, polo que se mellorou a petición inicial. Tamén se atendeu a petición de disponibilidade de uniformidade suficiente, con imaxe corporativa única e equipos de protección individual (EPI).

Outra das reivindicacións ofertadas polo Sergas é a maior participación do profesional na fixación de obxectivos do servizo, coa eliminación do indicador de derivación hospitalaria como obxectivo do servizo vinculado á produtividade; ou a aplicación da neutralidade das situacións de incapacidade temporal e permisos retribuídos, de forma que non teñan incidencia na liquidación da xornada complementaria.

En relación co incremento de persoal, aceptouse a garantía de reforzos de profesionais que sexan necesarios tendo en conta criterios obxectivos como a sobrecarga asistencial, distribucion etaria, dispersión, desprazamentos ou outras circunstancias que o xustifiquen. Tamén aceptouse a dotación de equipos completos de profesional medicina/enfermería e realización no último trimestre de 2019 dunha análise da dotación de novas prazas no marco global da atención primaria.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre