Inicio Galicia O Sergas está a investir máis de 8,5 millóns de euros en...

O Sergas está a investir máis de 8,5 millóns de euros en renovar o equipamento sanitario e o mobiliario dos seus centros de saúde

0

Con este importante investimento, o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña cumpre un dos seus compromisos a curto prazo adquiridos co obxectivo de reformular o primeiro nivel asistencial


O Servizo Galego de Saúde está a destinar máis de 8,5 millóns de euros na renovación do seu equipamento sanitario e mobiliario dos centros de saúde, como consecuencia dun dos compromisos a curto prazo adquiridos polo departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña no marco do Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021.

Esta medida responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación no ámbito da atención primaria do Sergas, mediante a renovación do equipamento sanitario e mobiliario das consultas do primeiro nivel asistencial, de acordo coa carteira de servizos dos centros.

Estes 8,5 millóns de euros van destinados a mercar 473 electrocardiógrafos, 234 espirómetros, 261 desfibriladores e 27 ecógrafos, por un importe de 4,4 millóns de euros. A este material, hai que engadir 279 holter de presión arterial e 26 retinógrafos, por 1,1 millóns. Tamén está a mercar a Administración sanitaria galega, por máis de 446.000 euros, dopplers, autoclaves, pulsioximetros e esfigmomanómetros.

Engadido a todo o investimento anteriormente sinalado, o Sergas vai destinar outros 2,5 millóns de euros ata completar os 8,5, na renovación de mobiliario xeral e clínico.

Este importante orzamento para os centros de saúde reflicte o compromiso da Xunta de Galicia co sistema sanitario en xeral e e coa atención primaria en particular. A este respecto compre remarcar que o 98,8% das accións a curto prazo comprometidas polo Sergas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, documento destinado a reformular este nivel asistencial, xa están finalizadas ou en marcha.

Remarcar, por último, que Sanidade destinará, nos seus orzamentos para o ano 2020, ao redor duns 1.300 millóns para a Atención Primaria, o que supón máis do 30% do seu presuposto.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre