Inicio Galicia O Sergas e o Concello de Padrón cofinanciarán as obras de reforma...

O Sergas e o Concello de Padrón cofinanciarán as obras de reforma do Punto de Atención Continuada

0

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira, asinaron un convenio de colaboración


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, asinaron un convenio de colaboración no que se establecen as bases para a reforma das instalacións do centro de saúde padronés. As actuacións contan cun orzamento de 14.319,14 euros e centraranse fundamentalmente na zona do Punto de Atención Continuada (PAC).

As obras previstas serán cofinanciadas ao 50% entre o Sergas e o Concello de Padrón. Así, o departamento sanitario autonómico aportará un total de 7.159,57 euros e o concello, outros 7.159,57 euros. En base ao convenio asinado, ambas administracións comprométense a consignar o crédito adecuado e suficiente para executar a totalidade do gasto que asumen.

Corresponderalle tamén ao Concello de Padrón, como titular do centro de saúde e o PAC, a contratación, dirección e execución das obras de reforma, así como a supervisión do proxecto técnico.

As actuacións que se van acometer céntranse na zona do PAC e consistirán, segundo se detalla no informe técnico aportado polo Concello padronés, no repaso de placa e teito das instalacións, no pintado e pasteado de parámetros nas zonas de papel e na reforma tanto do aseo adaptado como o de persoal. Substituiranse as lámpadas existentes por outras de led e prevese a colocación de tarima de vinilo de PVC e a instalación de cinco persianas bandalux. As obras contemplan igualmente a impermeabilización da cuberta plana na sala de fisioterapia.

As obras de mellora e acondicionamento da infraestrutura sanitaria padronesa de atención primaria enmárcanse no compromiso adquirido pola Consellería de Sanidade e o Sergas de dar unha mellor resposta aos problemas de saúde da poboación, mediante actuacións que permitan mellorar as dotacións e infraestruturas adicadas á atención asistencial ao cidadán, neste caso no concello padronés.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre