Inicio Galicia O Sergas destina 102.000 euros a actividades de apoio ás persoas con...

O Sergas destina 102.000 euros a actividades de apoio ás persoas con enfermidades mentais e aos seus familiares e para a formación continua dos profesionais dos centros sociosanitarios

0

A tal efecto, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asinou hoxe dous convenios de colaboración coa Federación de Asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental en Galicia


O Servizo Galego de Saúde, por medio do seu máximo responsable, Jesús Vázquez Almuiña, e a Federación de Asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental en Galicia (Feafes), a través do seu presidente, José Ramón Girón García, veñen de asinar hoxe dous convenios de colaboración entre ámbalas dúas institucións. Por medio destes acordos, o Sergas destinará un total de 102.489 euros para actividades de apoio ás persoas con enfermedades mentais e aos seus familiares e para a formación continua dos profesionais dos centros sociosanitarios.

Un dos convenios asinado ten como obxectivo o desenvolvemento dunha serie de actividades de formación, información e apoio ás persoas con enfermidades mentais e aos seus familiares. Para o cumprimento deste convenio, o Sergas achegará a cantidade de 84.307 euros destinados á formación continuada dos profesionais que traballan coas asociacións mediante a asistencia a cursos, seminarios e congresos ou para a realización dunha xornada de sensibilización dirixida a pacientes, profesionais e coidadores nun marco formativo e divulgativo da enfermidade.

Outros dos obxectivos deste convenio serán a difusión de cuestións relacionadas coa atención e o coidado das persoas que padecen un trastorno mental persistente; o mantemento do sistema de información e orientación a usuarios e asociacións mediante unha atención personalizada; e o asesoramento xurídico a enfermos e familiares en temas relacionados coa situación de enfermidade mental tales como a incapacitación legal e outros procesos.

Tamén é obxectivo desta colaboración entre Sanidade e Feafes, neste convenio, o ofrecemento dun servizo continuado de estadías alternativas de ocio activo, no marco do Programa Coidamos de Ti, dirixido ás persoas con enfermidade mental, que sirva de alivio da carga asistencial aos seus coidadores non profesionais.

Centros sociosanitariosO segundo dos convenios hoxe asinados entre Almuiña e Girón ten como obxectivo o desenvolvemento dun programa de captación e atención precoz a familiares/coidadores en primeiros episodios de enfermidade mental grave e persistente e a colaboración na formación continuada dirixida aos profesionais de centros sociosanitarios vinculados á Consellería de Política Social. Para o cumprimento deste convenio o Sergas destinará un total de 18.182 euros.

Así, grazas a este convenio, e en colaboración cos profesionais das unidades de hospitalización psiquiátrica e das unidades de saúde mental, poñerase a disposición dos familiares de referencia nos primeiros episodios da enfermidade a un familiar do movemento asociativo e un psicólogo que lle ofrezan apoio emocional así como información. Ademais, ofrecerase de xeito continuado, en colaboración cos coordinadores das áreas sanitarias, un programa formativo en enfermidade mental para os familiares de referencia.

Sinalar, así mesmo, que levaranse a cabo intervencións individuais con cada familia, orientadas a dotalas das estratexias e habilidades para afrontar a presenza dunha enfermidade mental grave e crónica na familia e manexar as situacións derivadas dela.

Ademais, Feafes colaborará achegando os seus profesionais nos programas de formación continua dirixidos aos profesionais dos centros sociosanitarios receptores de enfermos mentais graves e persistentes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre