Inicio Galicia O Sergas contará cunha vía rápida de actuación ante o risco de...

O Sergas contará cunha vía rápida de actuación ante o risco de suicidio

0

Este protocolo faciltará o acceso á atención especializada de saúde mental aos pacientes con conduta suicida, mellorando a súa accesibilidade ao sistema sanitario


O Servizo Galego de Saúde vai desenvolver unha vía rápida de actuación ante a conduta suicida. Con esta medida, o Sergas vai facilitar o acceso á atención especializada de saúde mental aos pacientes con risco de suicidio, co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade ao sistema sanitario para un axeitado diagnóstico e tratamento.

Este foi un dos acordos aos que se chegou na segunda reunión do Consello Interdepartamental de Coordinación para a prevención e atención das condutas suicidas en Galicia. Ademais desta medida, o Consello tamén aprobou outras propostas, como a utilización do 061 como teléfono único do suicidio, tanto para as persoas en risco como para o seu entorno; e avanzar na colaboración co Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) para mellorar a información sobre o suicidio e levar a cabo programas asistenciais en grupos de risco, como familia e achegados de falecidos por suicidio.

Tamén se acadaron outros acordos referidos a priorizar a formación dos profesionais, tanto no ámbito sanitario como no social e educativo, e a afondar no convenio de colaboración asinado coa Universidade de Santiago (USC) esta mesma semana.

Consello Interdepartamental O Consello Interdepartamental de Coordinación para a prevención e atención das condutas suicidas en Galicia naceu para fomentar a coordinación en materia de prevención do suicidio entre os diferentes sectores implicados. O problema da conduta suicida require para a súa abordaxe a atención desde diversos ámbitos, polo que é necesaria unha correcta colaboración e coordinación entre as distintas institucións implicadas,Entre as funcións do Consello están a de supervisar a implantación do Plan de Prevención do Suicidio en Galicia, valorar a información sobre os indicadores das medidas estratéxicas do Plan e revisar periodicamente os protocolos e as accións de coordinación desenvolvidas. No Consello participan, ademais da Consellería de Sanidade, representantes das Consellerías de Xustiza, Educación e Política social, do 061, do Imelga e da Federación de Asociacións de familiares e personas con enfermermedad mental de Galicia (FEAFES).

Coa creación deste Consello, a Consellería de Sanidade reafirma o seu compromiso en relación ao problema do suicidio como unha prioridade na axenda da atención á saúde mental, tal e como recoñece nas Estratexias Sergas 2014 e 2020 e no Plan de Prevención do Suicidio en Galicia, entre outras iniciativas. O problema da conduta suicida require a atención desde diversos ámbitos para a súa correcta abordaxe, polo que é necesaria a colaboración e coordinación entre as distintas institucións implicadas,Plan de prevención do suicidio en GaliciaO Sergas considera o suicidio como un problema de saúde pública prioritario, tal e como recoñece nas Estratexias Sergas 2014 e 2020 e no Plan de Prevención do Suicidio en Galicia, entre outras iniciativas.

No caso concreto do Plan de Prevención do Suicidio en Galicia cómpre destacar que os primeiros datos logo da súa posta en marcha, en setembro de 2017, reflicten que en 2018 o número de falecementos por suicidio é o máis baixo dende que existe o rexistro do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), no ano 2005.

Entre as accións levadas a cabo no marco do Plan destaca a actualización dos protocolos de prevención do suicidio no ámbito hospitalario. Tamén se puxo en marcha o protocolo de prevención do suicidio no ámbito escolar e a formación de bombeiros e persoal de intervención de primeira liña, mediante a Academia galega de emerxencias, e de profesionais sanitarios, a través da Axencia de coñecemento en saúde. Así mesmo está previsto o establecemento de comités multidisciplinares de prevención do suicidio en todas as xerencias de xestión integrada, ademais doutras medidas.

Segundo datos do Imelga, no 2018 faleceron en Galicia 288 persoas, o que supón un descenso do 11,11% respecto a 2017 e de 100 falecementos menos respecto a 2014. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre