Inicio Galicia O Sergas atendeu durante 2019 a 5.187 mulleres a través da vía...

O Sergas atendeu durante 2019 a 5.187 mulleres a través da vía rápida de cancro de mama, cun tempo medio de espera de 4,5 días e un 93% dos tumores detectados en estado precoz

0

Durante todos estes meses de pandemia provocada pola covid-19, o departamento sanitario galego tivo, como unha premisa básica, manter a actividade das vías rápidas oncolóxicas, e garantir o seu tempo máximo de espera

O Servizo Galego de Saúde atendeu, durante 2019, a través da vía rápida de cancro de mama, a un total de 5.187 mulleres, cun tempo medio de espera de 4,5 días. O departamento sanitario galego quere destacar, con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama, que a atención ás persoas que sofren unha patoloxía oncolóxica constitúe un eixo vertebrador da prestación de asistencia no Sergas. No caso dos pacientes oncolóxicos, asegurar unha atención de calidade e mellorar as súas expectativas de vida pasa, sen dúbida, por mellorar o seu proceso de atención, diminuíndo as ineficiencias e estandarizando, na medida do posible, os coidados ao longo de toda a traxectoria asistencial.

Cómpre destacar que a participación das mulleres galegas no Programa galego de detección precoz do cancro de mama está por riba dos estándares europeos. Isto fai posible que arredor do 93% dos tumores podan ser detectados en estadio precoz. O seguimento dos pacientes tratados de cancro non finaliza no momento en que se fai o tratamento. Cada vez son máis os sobreviventes de cancro que precisan dun seguimento continuado a longo prazo, próximo, coordinado e superespecializado, debido ao risco de sufrir secuelas ou problemas de saúde secundarios ao tratamento recibido. O cancro de mama é un deles; durante toda estes meses de pandemia provocada pola covid-19 tívose, como unha premisa básica, manter a actividade das vías rápidas oncolóxicas, e garantir o seu tempo máximo de espera. En todo momento estivo presente esta prioridade para o Servizo Gallego de Saúde.

O Sergas segue a traballar en minimizar os tempos de espera, facilitar a continuidade asistencial e basear a práctica clínica na mellor evidencia científica dispoñible, establecendo, de maneira clara e precisa, tanto a sistemática de atención como os mecanismos de coordinación dos distintos profesionais implicados en todos os niveis asistenciais.

Programa de prevenciónA Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade puxo en marcha, en 1992, o Programa galego de detección precoz do cancro de mama, coa finalidade de abordar o problema de saúde que supón esta enfermidade. O programa atópase, tras máis de 28 anos de percorrido, plenamente consolidado.

Está dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia, de 50 a 69 anos, asintomáticas e que non foran diagnosticadas previamente de cancro de mama, con independencia de que reciban ou non asistencia do sistema sanitario público. A idade da poboación diana comenzou sendo de 50 a 64 anos, ampliándose desde o ano 2005 ata o 2009 de forma progresiva ata os 69 anos. A proba básica de cribado é a mamografía en dúas proxeccións en cada mama e realízase cunha periodicidade de dous anos.

A citación das mulleres é persoal e por carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que a muller debe acudir para a realización da exploración mamográfica. Se non acode, envíase unha nova citación, tamén por carta.

Desde seu inicio, o programa non deixou de expandirse na súa capacidade e recursos para a atención ás usuarias, mellorando á súa xestión integrada e tamén a recollida de datos que permiten elaborar os indicadores para a súa avaliación, seguindo as directrices da Unión Europea e as novas evidencias que foron xurdindo. Así mesmo, foi adaptándose ao desenvolvemento tecnolóxico, coa modernización dos seus sistemas de información e a dixitalización de todas as unidades de exploración.

No período comprendido entre xaneiro 1992 e o 1 de outubro deste ano realizáronse, no marco do programa, 2.793.454 exploracións mamográficas, o que supuxo unha taxa de participación do 79,1% da poboación invitada. Cómpre remarcar que a participación no programa, a partir do ano 2006, é superior ao 75%, obxectivo de participación desexable establecido polas Guías Europeas de Garantía de Calidade en Cribado e Diagnóstico Mamográfico. En 2016, dita participación acadou un 83,6%, o valor máis alto desde a súa instauración. De todas as mulleres exploradas, o 97% teñen un resultado negativo e algo menos do 3% restante requiren control hospitalario para confirmar o rexeitar lesión maligna.

No período que vai dende xaneiro de 1992 ao 31 de decembro do 2019, a taxa global de detección de cancro foi de 3,7 casos por cada mil mulleres exploradas, e dicir, 10.057 casos de cancro foron detectados polo programa en fase presintomática.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre