Inicio Galicia O Sergas anuncia a integración da unidade de resonancia magnética na...

O Sergas anuncia a integración da unidade de resonancia magnética na EOXI de Vigo

0

Con esta medida iniciase o procedemento para concluír o proceso de integración da Unidade comezado no ano 2016


O Servizo Galego de Saúde integrará a Unidade de Resonancia Magnética Nuclear de Galaria na EOXI de Vigo. Con esta medida iniciase o procedemento para concluír o proceso de integración comezado no ano 2016, trala apertura do Hospital Álvaro Conqueiro. Así o anunciou hoxe o xerente do SERGAS, Antonio Fernández-Campa, trala xuntanza mantida cos profesionais de ambas as dúas organizacións así como cos seus representantes sindicais, para informarlles desta decisión.

A integración da Unidade estará operativa a finais do primeiro semestre deste ano coa modificación dos estatutos de Galaria así como coa aprobación do Decreto polo que se aproba esta integración e no que se establecerá o traspaso de medios e a asunción de bens dereitos e obrigas que teñan orixe nesta Unidade.

Segundo expresou o xerente do SERGAS “trátase dunha integración similar a levada a cabo no 2015 das Unidades de Cirurxía cardíaca e Cardioloxía intervencionista no Complexo vigués, unificando orgánica e funcionalmente os recursos e a experiencia dos profesionais para acadar un servizo único, aínda máis eficiente, e crear unha área de referencia no sur de Galicia”-.

Galaria continuará prestando asistencia a través da Resonancia Móvil –realizan 17.000 resonancias anuais- que ademáis tense reforzado o pasado ano cun terceiro equipo que da servizo aos hospital comarcais do SERGAS. Fin dun proceso O proceso de integración da Unidade de Resonancia Magnética de Galaria levouse a cabo de xeito progresivo. En abril de 2002 constituíse un Área de Servizo Compartido de Diagnóstico por Imaxe do Complexo Hospitalario de Vigo.

A apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro deulle un impulso a este procedemento. A dotación de novos equipamentos tecnolóxicos -especialmente a nova resonancia de 3 Teslas, un TAC de 128 cortes e un mamógrafo de tomosíntese- propiciou esta integración, coa finalidade de mellorar a atención radiolóxica aos pacientes da área de Vigo. Neste senso, aprobouse un Plan de Integración Funcional dos tres equipos fixos da Unidade, un emprazado no Meixoeiro e outros dous no Hospital Alvaro Cunqueiro, baixo a dependencia do servizo de Radiodiagnóstico do Chuvi. Este modelo permitía que os profesionais do CHUVI accedesen á realización das técnicas de resonancia magnética, independentemente da súa dependencia orgánica ou funcional.

En febreiro de 2018 -hai case un ano- deuse un paso máis na integración, incorporando un cambio organizativo na Unidade, a través dun sistema de traballo especializo por órganos e sistemas. Esta reorganización supuxo a posta en marcha das áreas de mama, anestesia, abdome, neuroradioloxía, tórax-cardiovascular, pediatría, columna e músculo esquelético. A partir deste momento, a coordinación das necesidades asistenciais e a xestión das axendas e da demanda deste servizo pasou a realizarse de xeito integrado.

No pasado mes de xuño aprobouse o Plan Operativo que marcaba os obxectivos, coa organización das axendas por áreas anatómicas, e determinaba as competencias dos distintos responsables da área. No marco deste novo modelo organizativo realizáronse 23.900 estudos de resonancias. “Coa integración, trátase de dar o salto final para ofertar a mellor calidade asistencial posible aos usuarios e mellorar a utilización dos recursos do sistema sanitario público. Ademais, reportará beneficios para todos os especialistas posibilitándolles un maior desenvolvemento profesional” -asegurou o xerente do SERGAS.

Gran servizo de referencia O servizo de Radioloxía da EOXI de Vigo realiza unha media de 1.000 estudos radiolóxicos diarios, dos que un 33 por cento son procedementos radiolóxicos complexos .

Os últimos datos revelan que anualmente efectúan 390.000 probas radiolóxicas, das que 51.000 son ecografías; 42.000 TCs (tomografía axial); 5.000 procedementos vascular-intervencionista; 10.000 estudos de mama; e 281.000 radioloxías simples, entre outras.

En canto aos recursos tecnolóxicos e humanos, no momento actual, o Complexo Hospitalario de Vigo dispón dun total de 57 salas de radioloxía – 10 salas de radioloxía convencionais; 10 de radioloxía dixital; 2 de telemando; 3 salas de radioloxía intervencionista; 3 salas de radioloxía vascular; 18 ecógrafos, 6 equipos de TC – atendidas por 50 radiólogos, 78 técnicos de radioloxía, 17 profesionais de enfermería, 27 celadores e 6 auxiliares administrativos.

Isto lle sitúa como un dos servizos máis potentes a nivel nacional, tanto polo dimensionamento dos seus recursos humanos como polo volume de actividade realizada. Ademais, os profesionais desta especificidade gozan de gran prestixio a nivel da comunidade científica nacional e internacional.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre