Inicio Galicia O Sergas amplía en 60 o número de prazas convocadas no proceso...

O Sergas amplía en 60 o número de prazas convocadas no proceso selectivo para o acceso á categoría de persoal de servizos xerais

0

En total ofértanse 126 prazas, logo da acumulación das prazas incluídas na Oferta de Emprego Público do ano 2019


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, unha resolución pola que se amplía en 60 o número de prazas ofertadas no concurso-oposición da categoría de persoal de servizos xerais, que se suman ás 66 convocadas por Resolución do 1 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas.

Con esta ampliación, son un total de 126 prazas as convocadas nesta categoría, das cales 56 corresponden á quenda de acceso libre, 63 á quenda de promoción interna e 7 á quenda de discapacidade xeral.

As 9 prazas reservadas no decreto de oferta de emprego do ano 2018 para o seu acceso pola quenda de discapacidade intelectual serán obxecto de convocatoria diferenciada.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o vindeiro 30 de abril. Na páxina web do Servizo Galego de Saúde, dentro do apartado de emprego público, recóllese a información para a inscrición neste proceso selectivo.

Reforzo do compromiso de mellora da atención primariaCon esta oferta de 126 prazas para a categoría de persoal de servizos xerais preténdese reforzar e estabilizar ao persoal administrativo que presta servizos na atención primaria de Galicia. Esta convocatoria irá seguida doutros procesos selectivos nas categorías de médico de familia, pediatra e odontólogo, que está previsto negociar e publicar proximamente e que suporán un importante incremento dos efectivos que prestan servizos no ámbito da atención primaria, definido como un obxectivo prioritario de mellora deste nivel asistencial.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre