Inicio Galicia O Sergas adxudica destino a 40 aspirantes que superaron a oposición en...

O Sergas adxudica destino a 40 aspirantes que superaron a oposición en catro categorías de persoal estatutario

0


O Servizo Galego de Saúde adxudicou hoxe un total de 40 destinos correspondentes a catro categorías de persoal estatutario. En concreto, 18 destinos corresponderon á categoría do grupo de xestión da función administrativa, 9 ao grupo técnico da función administrativa, 7 á categoría de enxeñeiro técnico e 6 á categoría de técnico superior en documentación sanitaria.

Ao acto de elección estaban convocados un total de 40 aspirantes que superaron a oposición nalgunha das categorías de persoal estatutario anteriormente citadas. O acto celebrouse no salón de actos da Consellería de Sanidade e contou coa presencia do titular do departamento sanitario autonómico, Jesús Vázquez Almuiña.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre