Inicio Galicia O Sergas acorda coas organizacións sindicais a convocatoria inmediata dunha oposición cun...

O Sergas acorda coas organizacións sindicais a convocatoria inmediata dunha oposición cun total de 1.057 prazas

0

O departamento sanitario galego presenta dous proxectos de decreto que posibilitarán contar no Sergas coa categoría de médico de hospitalización a domicilio e coa especialidade de dietética


Na Mesa Sectorial de Sanidade, celebrada hoxe pola mañá, presidida pola directora xeral de Recuros Humanos do Sergas, Margarita Prado Vaamonde, aprobáronse as bases de convocatoria de procesos selectivos en diversas categorías de persoal estatutario, e acordouse a convocatoria inmediata dunha oposición cun total de 1.057 prazas, que se distribúen en diversas categorías.

Para licenciados sanitarios, prevense 490 prazas de distintas categorías, das que 416 corresponden a 39 especialidades de facultativos especialistas de área (FEAS); 2 a médico de admisión; 3 a médico asistencial do 061, e 69 a médico de urxencias hospitalarias. Para técnicos sanitarios de formación profesional convocaranse 305 prazas, para logopedas, 4 prazas; outras 5 para terapeuta ocupacional; 229 para pinche; e 24 para cociñeiro.

Hospitalización a domicilio e dietéticaAsí mesmo, na reunión entre sindicatos e Administración sanitaria, presentáronse dous proxectos de decreto que posibilitarán contar no Servizo Galego de Saúde coa categoría de médico de hospitalización a domicilio e coa especialidade de dietética dentro da categoría estatutaria de técnico especialista do Sergas.

Ademais, os representantes do Sergas trasladáronlle ás organizacións sindicais información dos orzamentos para o ano que ven do departamento sanitario galego destinados a recursos humanos. Destes orzamentos, o 44% son para persoal, e respecto do presente ano, tense producido un incremento global do orzamento do 3,5%. No ámbito de atención primaria, o incremento é dun 4,8%.

O feito de contar cun presuposto maior, os gastos de persoal do orzamento do Sergas 2020 ascenden a 1.755 millóns de euros, posibilita incluír partidas que están dirixidas ao pago do 100% dos graos de carreira profesional recoñecidos no sistema ordinario tralo acordo alcanzado coas organizacións sindicais CESM, SATSE, UGT, CSIF e CIG; ao incremento do pago de noites e festivos dos profesionais dos Puntos de Atención Continuada, logo do acordo coas organizacións sindicais CIG, CESM, O’Mega, CCOO, UGT e CSIF; así como a incrementar 407 novas prazas para o Plan de atención primaria, levar a efecto o Plan de Hospitalización a Domicilio e a estabilización laboral. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre