Inicio Galicia O Sergas aconsella aos traballadores de centros sanitarios empregar mascarillas se non...

O Sergas aconsella aos traballadores de centros sanitarios empregar mascarillas se non poden manter a distancia de seguridade recomendada

0

Esta medida debe complementarse coas outras medidas indicadas de distanciamento posible entre persoas e hixiene de mans

O Servizo Galego de Saúde trasladoulle aos profesionais sanitarios unhas indicacións xerais de uso de mascarillas cirúrxicas e equipos de protección respiratoria nos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde. O Sergas distribuirá semanalmente máis de 500.000 máscaras aos seus centros sanitarios.

En concreto aconséllase o emprego das mascarillas cirúrxicas nos traballadores dos centros sanitarios cando se atopen en espazos de traballo nos que resulte imposible manter as medidas de distanciamento físico aconselladas (dous metros) durante o tempo que sexa necesario estar nese espazo. O emprego das máscaras non será necesario cando estes profesionais estean en espazos comúns nos que o distanciamento pode realizarse sen problemas.

O obxectivo de aconsellar esta medida é de protección aos outros traballadores e non tanto da autoprotección do portador da máscara. Trátase dun acto solidario cos outros para limitar a posibilidade de transmitirlles o virus no caso de estar infectado sen ter manifestado síntomas todavía. Neste senso, cómpre lembrar e insistir que esta medida non elimina a necesidade de manter toda a distancia posible entre persoas, ademais da hixiene de mans e limpeza a fondo.

O uso das máscaras debe facerse de maneira correcta, para evitar que un mal uso aumente o risco de transmisión en vez de minimizalo.

Os criterios para o emprego da máscara cirúrxica ou do uso dun equipo de protección respiratoria (máscaras FFP2, bata, luvas ou protección ocular) realizarase en función do tipo de exposición e a situación na que se atopa o profesional.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre