Inicio Galicia O Sergas abre o prazo de inscrición nas primeiras listas de selección...

O Sergas abre o prazo de inscrición nas primeiras listas de selección temporal polo sistema de acceso reservado a persoas con discapacidade intelectual

0
image_gallery.jpg

Supón un avance importante na integración laboral dentro do Sistema Público de Saúde de Galicia das persoas con discapacidade intelectual, iniciado no ano 2016, a través da reserva de prazas nos procesos de selección fixa


O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o anuncio polo que se inicia, o vindeiro luns, o prazo de inscrición de aspirantes nas listas de selección temporal de persoal estatutario da categoría de celador, polo sistema de acceso reservado a persoas que acrediten unha discapacidade intelectual.

No pasado mes de outubro incorporáronse 30 profesionais, adxudicatarios das prazas da primeira oferta de selección fixa para a categoría de celador pola quenda de discapacidade intelectual. Co obxecto de avanzar na integración laboral no ámbito sanitario das persoas con discapacidade, publícase agora a apertura de inscrición nestas listas, para cubrir as vacantes e as necesidades temporais de persoal debidas ás ausencias que se poidan xerar deste persoal fixo. Será compatible a inscrición por esta quenda de acceso coa inscrición na lista xeral da categoría de celador.

Aplicarase neste proceso o baremo de méritos do último proceso de selección fixa convocado para o acceso a prazas desta categoría polo sistema de acceso reservado a persoas con esta discapacidade.

Contra esta resolución, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas deberán cubrir unha solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/sección de procesos) á que se accede a través da páxina web do Sergas. Para a primeira xeración destas listas teranse en conta as solicitudes realizadas entre o 16 de novembro e o 15 de decembro de 2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre