Inicio Galicia O seguimento da folga nos centros sanitarios na xornada de mañá é...

O seguimento da folga nos centros sanitarios na xornada de mañá é do 5,5% e estanse a cumprir ao 100 % os servizos mínimos

0

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destacan que a folga convocada pola organización sindical Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM), na xornada de hoxe, correspondente á quenda de mañá, está a ser secundada nos centros asistenciais polo 5,5% do total do persoal chamado á folga.

Por áreas sanitarias, o seguimento é do 1,5% na Área Sanitaria da Coruña e Cee; do 7,9% na Área Sanitaria de Ferrol; do 4,4% na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; do 9,1% na Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; do 6,2% na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; do 8,1% na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés; e do 5,6% na Área Sanitaria de Vigo.

Nas entidades adscritas (axencias, fundacións e empresas públicas) o seguimento foi nulo (0%).

A Administración sanitaria tamén destaca que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada é do 100%.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre