Inicio Galicia O seguimento da folga nos centros sanitarios na quenda de mañá é...

O seguimento da folga nos centros sanitarios na quenda de mañá é do 21,15% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos

0

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destacan que a folga convocada pola Asemblea de Médicos de Atención Primaria de Galicia na xornada de hoxe, correspondente á quenda de mañá, está a ser secundada nos centros asistenciais de Atención Primaria por un 21,1% do total do persoal chamado á folga.

Por Estruturas Organizativas de Xestión Integrada, o seguimento é do 16,9% na EOXI da Coruña, do 29,5% na EOXI de Ferrol, do 20,1% na EOXI de Santiago, do 12,3% na EOXI de Lugo, do 11,4 % na EOXI de Ourense, do 30% na EOXI de Pontevedra, e do 34,8% na de Vigo.

A Administración sanitaria tamén destaca que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada é do 100%.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre