Inicio Galicia O seguimento da folga nos centros sanitarios de atención primaria na xornada...

O seguimento da folga nos centros sanitarios de atención primaria na xornada de mañá é do 15,1% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos

0

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destacan que a folga convocada pola Asemblea de Médicos de Atención Primaria de Galicia na xornada de hoxe, correspondente á quenda de mañá, está a ser secundada nos centros asistenciais de Atención Primaria por un 15,1% do total do persoal chamado á folga.

Por áreas sanitarias, o seguimento é do 8,4% na Área Sanitaria da Coruña e Cee; do 18,1% na Área Sanitaria de Ferrol; do 8,9% na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; do 5,2% na Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; do 15,5% na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; do 22,6% na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés; e do 32,5% na Área Sanitaria de Vigo.

A Administración sanitaria tamén destaca que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada é do 100%. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre