Inicio Galicia O seguimento da folga nos centros sanitarios de atención primaria na xornada...

O seguimento da folga nos centros sanitarios de atención primaria na xornada de mañá é do 12,7% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos

0

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019.- A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destacan que a folga convocada pola Asemblea de Médicos de Atención Primaria de Galicia na xornada de hoxe, correspondente á quenda de mañá, está a ser secundada nos centros asistenciais de Atención Primaria por un 12,7% do total do persoal chamado á folga.

Por áreas sanitarias, o seguimento é do 7,2% na Área Sanitaria da Coruña e Cee; do 17,4% na Área Sanitaria de Ferrol; do 10,4% na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; do 4,2% na Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; do 7,9% na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; do 18,1% na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés; e do 30,7% na Área Sanitaria de Vigo.

A Administración sanitaria tamén destaca que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada é do 100%. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre