Inicio Galicia O sector mexilloeiro beneficiouse de máis de seis millóns de euros en...

O sector mexilloeiro beneficiouse de máis de seis millóns de euros en axudas para o fomento da acuicultura nos tres últimos anos

0

Rosa Quintana sinalou que o buque Cani Calvar que foi subvencionado pola Xunta con case 280.000 euros no marco destas subvencións

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe en Vilaboa o apoio da Xunta para a construción de embarcacións que redunden nunha mellora da seguridade dos profesionais do mar e das súas condicións de traballo. Fíxoo durante unha visita á embarcación bateeira Cani Calvar, atracada no peirao de San Adrián de Vilaboa.

Este buque, destacou a conselleira, é un exemplo desa aposta polas melloras das condicións a bordo que sempre defendeu a Xunta e da súa aposta polo desenvolvemento do sector acuícola e a proba é que se seguen a construír embarcacións coma esta dedicada ao sector acuícola do mexillón, resaltou.

Ao fío disto lembrou que o protagonismo do mexillón tamén se reflicte nas axudas a este sector, que recibiu desde 2016 máis de seis millóns de euros en subvencións para o fomento da acuicultura. A maiores, recordou que ao igual que en anos anteriores, na convocatoria deste ano das achegas para investimentos en acuicultura, máis do 76% dos proxectos aos que lle foi aprobada pertencen ao sector do mexillón. Neste sentido, trasladou que o bateeiro Cani Calvar recibiu unha axuda de case 280.000 euros por este concepto na convocatoria de 2016.

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

Ademais, subliñou Rosa Quintana, o mexillón supón máis do 95% da produción total da acuicultura de Galicia, o que reflicte o potencial que ten a mitilicultura na nosa terra, dixo. Neste sentido, lembrou que Galicia pechou o 2017 cos mellores datos de descargas e de facturación de mexillón da última década, con 267.000 toneladas desembarcadas en lonxa por valor de arredor de 122 millóns de euros. Estas cifras supoñen un aumento dun 11% tanto en cantidade descargada como en valor económico con respecto ás do ano 2016. 


- Te recomendamos -